29 ene 2026

Xornada de Bibliocreativa 2026

 

XORNADA DE BIBLIOTECA CREATIVA 2026 NO EGAP 

(SANTIAGO DE COMPOSTELA)









Charlas do Plan director na nosa biblioteca

 PLAN DIRECTOR

 

O martes 27 de xaneiro tivemos na nosa biblioteca as charlas do Plan Director impartidas pola Guarda Civil. 

Tratáron sobre os temas do Acoso escolar e do Tratamento da información e seguranza na internet.

Foron unhas charlas de moito interese para o noso alumnado.






19 ene 2026

Recibimos a Maleta viaxeira de Libros en Portugués

 

 

Dende o pasado xoves tenos no colexio unha maleta viaxeira que contén 35 libros en Portugués e que estará a disposición de toda a comunidade educativa para a súa consulta o lectiva dentro das instalacións do centro, non se farán empréstimos destes materiais. 

Podedes localizalos con facilidade na exposición dos andeis azuis do corredor, correctamente identificados. Solicitamos este mateial para encadrar a nosa participación dentro do proxecto "Escolas de fronteira" 

Animádevos a explorar estes grandes recursos!







 

Reunión do club de lectura Salitre

18 dic 2025

Suxestións Lectoras Decembro 2025

Remata o primeiro trimestre deste curso, chega o Nadal e con el o equipo de BilbioSolanas ao completo quere desexarvos que todos/as vós teñades un Nadal cheo de momentos especiais en boa compaña. E, como non podía ser doutro xeito, queremos ofrecervos as nosas recomendacións lectoras para que nestes momentos especiais haxa tamén bos libros!

Vémonos en xaneiro! 

Suxestións Lectoras Decembro 2025 de Fabiola

Entrega de Postais de Nadal polas rúas da vila

  O alumnado de Solanas quixo desexar a todas as persoas da nosa vila un Nadal cheo de bos sentimentos. Así, dende BiblioSolanas organizouse a elaboración de postais creativas que fixeron cos titores e titoras e, todos/as xuntos/as, saímos o mércores 17 a repartilas!

 

Ao regreso paramos na casa do Concello para ver o Belén mecanizado





Esperamos que desfrutárades desta experiencia tanto coma nós! 


Feliz Nadal para todos/as! 





 

Club Lectura "Un mar de libros" (12 Decembro2025)


O venres 12 os membros do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria, "Un mar de contos" fixo a súa xuntanza onde falamos dos dous libros lidos nos últimos meses. Comezamos comendo todos xuntos e desfrutando dunha sobremesa con chocolate quente e panettone e despois falamos do que nos impresionou dos libros, da importancia de non deixar a ninguén invisible e das localizacións que aparecen no outro libro en Australia.

A volta de nadal comezaremos con libros novos.